Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras

Este Blog é vozeiro virtual da Plataforma contra o Viaducto na Ria de Muros-Noia. Aquí poderes lêr as últimas novas relacionadas co noso traballo, accións da plataforma, recursos apresentados e toda clase de actividades que vaiamos fazendo em prol de umha ría sostível.

terça-feira, fevereiro 21, 2006

Carta ao alcalde de Outes

AO ALCALDE DO CONCELLO DE OUTES
SR. D. CARLOS ENRIQUE LÓPEZ CRESPO

A ASOCIACIÓN EN FAVOR DO BOSQUE CADUCIFOLIO GALEGO E A SÚA BIODIVERSIDADE- Os Padriños do Artesanato, con C.I.F.:G-15832983 e domicilio en Outes (A Coruña) e no seu nome e representación Xesús do Río da Torre, maior de idade, con

Expón:
Que en referencia á Resolución de 2 de maio de 2005 da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 8 de abril de 2005, relativa ao estudo informativo: Plan Galicia. Mellora da c-550 Cee-Tui. Treito: Muros-Noia. Subtreito: límite municipal de Muros con Outes-Noia. Clave Ac/03/006.01,proxecto que inclúe un viaduto en Outes no Esteiro do Tambre, espazo natural incluído na "Rede Natura 2.000" por Decisión da Comisión Europea de 7 de decembro de 2.004 (DOCE L387 de 29/12/2.004) fundamentada na Directiva 92/43 CEE do Consello Europeo de 21 de maio de 1992, téñense publicado recentemente informes da Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos que alertan sobre a posibilidade do dano ambiental irreparábel que o citado proxecto provocará, en especial no referente aos bancos marisqueiros e pesqueiros, ademais o illamento da maior parte do Concello de Outes, que a citada obra provocaría do tráfico entre Muros e Noia e Santiago e Muros fan ao noso entender a adopción de medidas urxentes a nivel municipal que se detallan a continuación.
Solicita:
Que Vde. inste ante a Consellaría de Obras Públicas e Política Territorial a paralización cautelar do citado proxecto.
Que Vde convoque, dada a relevancia económica, ecolóxica e social deste asunto, un Pleno extraordinario ao respecto
Que O Concello de Outes elabore, mediante os técnicos independentes que se designasen, un informe científico detallado sobre o impacto deste proxecto nos bancos marisqueiros e pesqueiros e sobre o medioambiente en xeral.
Que o Concello de Outes elabore un informe económico independente sobre a repercusión do efecto de illamento do tráfico antes citado na maior parte do Concello de Outes cun desglose sectorial: comercio, hostelaría etc.
Que o Concello de Outes elabore un informe xurídico, co mesmo carácter técnico e independente, sobre a contradición do citado proxecto e o Dereito Comunitario no que se refire á normativa antes citada e outras normas estatais, autonómicas e municipais e no que se dea unha resposta tamén á hipotética responsabilidade penal en que puidesen incorrer os promotores da obra en concreto nas figuras de delito ecolóxico e prevaricación.
Investigación exhaustiva sobre os negocios, sobre todo urbanísiticos ou inmobiliarios, que puidesen verse beneficiados co desenvolvemento do proxecto citado, e a súa vinculación co mesmo.
Que Vde teña a ben entregar copia desta solicitude a todos os concelleiros da Corporación Municipal de Outes.
Asinado:. Xesús do Río da Torre
Outes, 17 de novembro de 2.005

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial