Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras

Este Blog é vozeiro virtual da Plataforma contra o Viaducto na Ria de Muros-Noia. Aquí poderes lêr as últimas novas relacionadas co noso traballo, accións da plataforma, recursos apresentados e toda clase de actividades que vaiamos fazendo em prol de umha ría sostível.

terça-feira, fevereiro 21, 2006

Entrevista de CIG e a Plataforma contra o viaducto de Outes co deputado Bieito Lobeira

O xoves, 5 de xaneiro o representante da CIG Xan F. García e os da Plataforma Contra o Viaducto de Outes Xoán X. Mariño e Xesús Mato, mantiveron unha entrevista co deputado autonómico polo BNG Bieito Lobeira para expoñerlle os motivos polos que consideran que o viaducto proxectado pola Consellería de Obras Públicas sobre a enseada de Langaño para a mellora das comunicacións de Muros con Noia e Santiago constitúe unha de enorme costo económico cun impacto brutal sobre o medioambiente que supón a penas un aforro duns catro minutos para unha intensidade de tráfico moi reducida.

Segundo cálculos da citada Plataforma que foron expostos ó deputado na cámara galega, o volume de veículos que soporta a estrada comarcal Noia-Muros non chega ós 6.000 diarios durante o inverno e non representa máis có dobre desa cifra nos días de maior afluencia de xente ás praias no verán, polo que o recorte de só cinco kilómetros no seu trazado e o aforro de tan pouco tempo non xustifican unha obra de 600 ms. de lonxitude sobre un espacio natural protexido presupostada en 13 millóns de euros.

Recordaron os portavoces da plataforma outense que a gran enseada de case 10 km.2 que forma o río Tins na súa desembocadura, está incluída na Rede Natura 2000 da Unión Europea xunto co estuario do Tambre, ó que está unida, polo seu alto valor ecolóxico. Interese natural que, ó seu xuízo, debe ser preservado de especulacións urbanísticas que outras organizacións que iniciaron a presentación de diversos recursos contra a obra nas distintas instancias autonómicas e europeas, teñen denunciado anteriormente.

Por outra parte, sostiveron que o planeamento das autoridades galegas é contrario á tendencia dos países máis desenvolvidos de Europa, que cando pretenden modernizar as comunicacións, acometen obras de circunvalación e sempre protexen a fachada marítima das poboacións costeiras.

O secretario comarcal da CIG argumentoulle que semellate trazado non responde a un plan global de crecemento económico porque simplemente non existe nin se ideou no pasado por parte dos diferentes gobernos galegos.

Finalmente puxeron sobre a mesa a evidencia de que, para a aprobación dun vial de semellante envergadura, a súa construcción debe contar a, ademais de cos informes medioambientais preceptivos, tamén con outro da Consellería de Pesca que, consideran, debe ser tan demoledor para o proxecto, como o foi no seu día para o viaducto de Noia polo idéntico dano que indiscutiblemente vai causar ós bancos marisqueiros que cosntitúen a maior fonte de riqueza para os traballadores do mar da ría de Muros e Noia, informes que pediron ó deputado que foran feitos públicos.

Tanto a esta petición como á demanda de que o goberno galego escoitara as súas preocupacións comprometeuse o representante do BNG a axilizar a través de preguntas parlamentarias e solicitude de documentación nas distintas secretarías, xestións das que daría cumprida información no prazo máis breve posible

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial