Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras

Este Blog é vozeiro virtual da Plataforma contra o Viaducto na Ria de Muros-Noia. Aquí poderes lêr as últimas novas relacionadas co noso traballo, accións da plataforma, recursos apresentados e toda clase de actividades que vaiamos fazendo em prol de umha ría sostível.

terça-feira, fevereiro 21, 2006

A PLATAFORMA CONTRA O VIADUTO DE OUTES ESIXE QUE SE APLIQUE O EXEMPLO DA VARIANTE DE NOIA Á VARIANTE DE OUTES

En relación á anulación do viaduto de Noia, decidida no Consello da Xunta do pasado xoves 9 defebreiro a Plataforma Contra o Viaduto de Outes, esixe:
1)Que se aplique a mesma decisión da anulación ao viaduto de Outes, xa que o proxecto de Noia foi suprimido, segundo a Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes polo seu gran impacto ambiental e paisaxístico, razón que sería plenamente aplicábel ao viaduto de Outes, porque o seu impacto sería moito maior que en Noia, e ademais,a xustificación, dende o punto de vista da desconxestión do tráfico, moito menor. É necesario que se protexa a Rede Natura 2.000, os bancos marisqueiros, o esteiro do Tambre e a paisaxe de Outes.
2) Continúan sen publicarse os informes preceptivos e vinculantes relativos ao viaduto de Outes, a pesar de que a Xunta de Galiza ten a obriga de entregarllos a quen llos solicite (Artigo 1 da Lei 38 /1995 de 12 de decembro, sobre o dereito de acceso á información en materia de medio ambiente) Está claro que algo haberá neses informes para que continúen ocultos, a pesar de que membros da Plataforma levan meses solicitándoos.
3) A Plataforma reuniuse o domingo 11 de febreiro co concelleiro do PSOE en Outes Manuel Tuñas, para tratar de chegar a acordos sobre a anulación definitiva desta obra e sobre o deseño dun verdadeiro plan de infraestruturas comarcal.
4) O martes día 14 de febreiro tamén tivo lugar unha reunión entre os membros da Plataforma e a Asociación de Empresarios de Outes para organizar actividades contra o trazado previsto para a denominada Variante de Outes.
5) A Plataforma solicita publicamente ao Deputado autonómico D. José Manuel Lage Tuñas que, en coherencia coa posición que adoptou co viaduto de Noia, inste á anulación do viaduto de Outes, pois de non facelo estaría incorrendo nunha manifesta contradición condenando aos seus veciños de Outes a algo que en Noia conseguiu evitar; esiximos polo tanto que o Deputado evite unha actitude incongruente e que aclare se quere aplicar un exercicio de cinismo con dúas varas de medir e sen solucións de comunicación para Outes e para os concellos limítrofes ou ,pola contra, se ten un plan serio e coherente de infraestruturas para a comarca que o presente publicamente.
6) Tamén pedimos ao D. José Manuel Lage que ao igual que accedeu ao informe relativo ao viaduto de Noia e o fixo público, informe que presentaba unhas consecuencias demoledoras para os bancos marisqueiros, faga as xestións para que a Xunta de Galiza, cumpra a legalidade e entregue aos cidadáns que llo soliciten os informes para o viaduto de Outes, informes aos que teñen igual dereito a acceder todos os cidadáns da Unión Europea.
PLATAFORMA CONTRA O VIADUTO DE OUTES
OUTES, 15 DE FEBREIRO DE 2.006

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial