ENTREVISTA COA CONSELLEIRA DE CULTURA
O pasado sábado 1 de abril, Xan García e Xan Mariño, en representación da Plataforma contra o Viaducto de Outes, mantiveron unha breve entrevista coa Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, ó remate do acto que foi clausurar ó Centro de Interpretación Arqueolóxica do castro de Neixón (Boiro), para expoñerlle os motivos da oposición ó que consideran proxecto constructivo aberrate sobre un espacio natural protexido, como é a enseada de Langaño, na desembocadura do Tambre, recordándolle a súa inclusión na Rede Natura 2000 da Unión Europea.
Explicacións que atopou moi fundamentadas e expresou compartir a preocupación desta Plataforma, ó tempo que se comprometeu a conseguir unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente, así como a de defender, no consello da Xunta no que se debata a posible variante de Outes para a mellora das comunicacións de Noia e Muros, os postulados de respecto ó medio natural que, como lle consta é dunha gran riqueza, non só biolóxica, senón tamén paisaxística.
Ó remate do encontro, obsequiaron á consellerira cun dos libros sobre o patrimonio histórico-artístico de Outes.
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial