Arredor de 250 persoas manifestan-se en Compostela en contra do viaduto
Arredor de 250 persoas (200 segundo os medios de comunicación) esixiron en Compostela a paralización definitiva do proxecto da variante de Outes e esixiron tamén un cambio drástico na continua sucesión de irregularidades, falla de transparencia e ocultación de información que a Consellaría está a levar a cabo. A afluencia ás concentracións demostra a falla de consenso social sobre este proxecto e está a ser moito maior que a das convocadas no seu día contra o viaduto de Noia, o que anula o argumento dos que poñían a escusa barata da "ausencia de mobilización social en Outes" para xustificar esta barbaridade. Continuaremos loitando por unha ria sostível e libre de agresións.
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial