Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras

Este Blog é vozeiro virtual da Plataforma contra o Viaducto na Ria de Muros-Noia. Aquí poderes lêr as últimas novas relacionadas co noso traballo, accións da plataforma, recursos apresentados e toda clase de actividades que vaiamos fazendo em prol de umha ría sostível.

segunda-feira, janeiro 22, 2007

ABCPA DENUNCIA O GRAVE IMPACTO QUE OS PASEOS MARÍTIMOS E FLUVIAIS ESTÁN A CAUSAR NAS COMARCAS DE MUROS E NOIA

O asunto da variante de Outes está inmerso nun complexo proceso xudicial que incluso fixo fracasar os anuncios do mesmo Presidente da Xunta "A variante de Outes licitarase en outubro" (do 2.006)- Emilio Pérez Touriño-Muros-Xaneiro do 2.006, e estamos a xaneiro do 2.007. ABCPA non quere permanecer inactiva no que promete ser unha longa espera e denuncia un problema non menos grave que destrúe os nosos ríos e o noso mar :

ABCPA DENUNCIA O GRAVE IMPACTO QUE OS PASEOS MARÍTIMOS E FLUVIAIS ESTÁN A CAUSAR NAS COMARCAS DE MUROS E NOIA

Ante o anuncio de novos proxectos de paseos marítimos e fluviais e das denominadas "áreas recreativas" en Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son, ABCPA quere lembrar que:

Este tipo de actuacións constitúen unha innecesaria agresión ao medio que está a causar un grave e irreversible dano no ecosistema único da nosa costa e dos nosos ríos: a destrución da vexetación autóctona e endémica deste tipo de hábitats tan ricos e peculiares, o vertido de lixiviados ao mar e aos ríos provocados polos materiais empregados, o impacto da execución das obras, a invasión de lugares de cría e reprodución de anfibios e aves, a remoción en moitos casos do solo e o conseguinte desprendemento de terras que van parar ás augas, son algúns dos efectos perniciosos que este intervencionismo irracional no medio natural está a causar.

Os científicos están alertando do dano que este tipo de obras provocan nos ecosistemas. As actuacións dos poderes públicos deberan de ter en conta a advertencia do persoal cualificado nestes temas que está a insistir nos negativos efectos destas intervencións en lugares tan delicados (Fernando Cobo- Director da estación de Hidrobioloxía de Castroagudín, Vilagarcía e tamén profesores da Facultade de Bioloxía da USC) Desvío de fondos europeos: os alcaldes dos concellos afectados, por medio dos denominados “grupos de acción local”, totalmente controlados por eles, continúan desviando enormes cantidades de fondos europeos a paseos e “áreas recreativas”, fondos que deberan ter unha finalidade de desenvolvemento económico sostible para as zonas que os reciben e cando existen outras prioridades realmente produtivas e que son compatibles co desenvolvemento sostible que requiren a utilización destes fondos, ao que hai que sumar o enorme gasto que supón para as\n Admnistracións local, autonómica e estatal estas actuacións improdutivas e mesmo destrutivas. É a presión de intereses privados o que provoca este tipo de actuacións. Existen dúas fundacións privadas que están promovendo este intervencionismo,

Os científicos están alertando do dano que este tipo de obras provocan nos ecosistemas. As actuacións dos poderes públicos deberan de ter en conta a advertencia do persoal cualificado nestes temas que está a insistir nos negativos efectos destas intervencións en lugares tan delicados (Fernando Cobo- Director da estación de Hidrobioloxía de Castroagudín, Vilagarcía e tamén profesores da Facultade de Bioloxía da USC).

Desvío de fondos europeos: os alcaldes dos concellos afectados, por medio dos denominados “grupos de acción local”, totalmente controlados por eles, continúan desviando enormes cantidades de fondos europeos a paseos e “áreas recreativas”, fondos que deberan ter unha finalidade de desenvolvemento económico sostible para as zonas que os reciben e cando existen outras prioridades realmente produtivas e que son compatibles co desenvolvemento sostible que requiren a utilización destes fondos, ao que hai que sumar o enorme gasto que supón para as Admnistracións local, autonómica e estatal estas actuacións improdutivas e mesmo destrutivas.

É a presión de intereses privados o que provoca este tipo de actuacións. Existen dúas fundacións privadas que están promovendo este intervencionismo,
unha delas creada por un coñecido grupo financeiro, manipulando aos cargos públicos e aos partidos políticos como verdadeiros monicreques que esquencen absolutamente o que é a protección do medio ambiente e do interese público. Neste asunto están\n implicados non só os concellos, ademais, a Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o goberno bipartito minten e actúan de xeito hipócrita cando din que pretenden protexer a costa pois amparan e incluso promoven esta actividade tan destrutiva. Detrás subiace o modelo da urbanización salvaxe, de preparar o terreo para outras actuacións máis agresivas e do todo vale con tal de saciar a desmedida e voraz avaricia da burbulla inmobiliaria desbordada. Existe a posibilidade de pasear e desfrutar da natureza e da paisaxe sen necesidade\n de construír paseos que son unha senda que ten como único destino a destrución do medio ambiente, da nosa costa e dos nosos ríos. Por estes motivos solicitamos a inmediata rectificación dos proxectos pendentes de execución, a saber Paseo marítimo Carnota- Muros e senda Carnota-Barbanza. Paseo marítimo de Muros ",1]
);
//-->
unha delas creada por un coñecido grupo financeiro, manipulando aos cargos públicos e aos partidos políticos como verdadeiros monicreques que esquencen absolutamente o que é a protección do medio ambiente e do interese público. Neste asunto están implicados non só os concellos, ademais, a Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o goberno bipartito minten e actúan de xeito hipócrita cando din que pretenden protexer a costa pois amparan e incluso promoven esta actividade tan destrutiva. Detrás subiace o modelo da urbanización salvaxe, de preparar o terreo para outras actuacións máis agresivas e do todo vale con tal de saciar a desmedida e voraz avaricia da burbulla inmobiliaria desbordada.

Existe a posibilidade de pasear e desfrutar da natureza e da paisaxe sen necesidade de construír paseos que son unha senda que ten como único destino a destrución do medio ambiente, da nosa costa e dos nosos ríos.

Por estes motivos solicitamos a inmediata rectificación dos proxectos pendentes de execución, a saber:
Paseo marítimo Carnota- Muros e senda Carnota-Barbanza.

Paseo marítimo de Muros Área recreativa do Ancoradoiro
Paseos marítimos de Outes
Paseo marítimo de Noia
Paseo marítimo de Porto do Son


Un exemplo moi claro da destrución que estas actuacións causan está no paseo fluvial do río Tins en Outes, que supuxo a destrución da ribeira de este río e a súa sustitución por cemento, un atentado ecolóxico cunhas consecuencias devastadoras e irreversibles sobre o río e o seu contorno.

ASOCIACIÓN EN FAVOR DO BOSQUE CADUCIFOLIO GALEGO E A SÚA BIODIVERSIDADE-OS PADRIÑOS DO ARTESANATO

6 DE XANEIRO DE 2007