Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras

Este Blog é vozeiro virtual da Plataforma contra o Viaducto na Ria de Muros-Noia. Aquí poderes lêr as últimas novas relacionadas co noso traballo, accións da plataforma, recursos apresentados e toda clase de actividades que vaiamos fazendo em prol de umha ría sostível.

domingo, abril 09, 2006

ENTREVISTA COA CONSELLEIRA DE CULTURA

O pasado sábado 1 de abril, Xan García e Xan Mariño, en representación da Plataforma contra o Viaducto de Outes, mantiveron unha breve entrevista coa Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, ó remate do acto que foi clausurar ó Centro de Interpretación Arqueolóxica do castro de Neixón (Boiro), para expoñerlle os motivos da oposición ó que consideran proxecto constructivo aberrate sobre un espacio natural protexido, como é a enseada de Langaño, na desembocadura do Tambre, recordándolle a súa inclusión na Rede Natura 2000 da Unión Europea.
Explicacións que atopou moi fundamentadas e expresou compartir a preocupación desta Plataforma, ó tempo que se comprometeu a conseguir unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente, así como a de defender, no consello da Xunta no que se debata a posible variante de Outes para a mellora das comunicacións de Noia e Muros, os postulados de respecto ó medio natural que, como lle consta é dunha gran riqueza, non só biolóxica, senón tamén paisaxística.
Ó remate do encontro, obsequiaron á consellerira cun dos libros sobre o patrimonio histórico-artístico de Outes.

ENTREVISTA COA CONSELLEIRA DE CULTURA

O pasado sábado 1 de abril, Xan García e Xan Mariño, en representación da Plataforma contra o Viaducto de Outes, mantiveron unha breve entrevista coa Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, ó remate do acto que foi clausurar ó Centro de Interpretación Arqueolóxica do castro de Neixón (Boiro), para expoñerlle os motivos da oposición ó que consideran proxecto constructivo aberrate sobre un espacio natural protexido, como é a enseada de Langaño, na desembocadura do Tambre, recordándolle a súa inclusión na Rede Natura 2000 da Unión Europea.
Explicacións que atopou moi fundamentadas e expresou compartir a preocupación desta Plataforma, ó tempo que se comprometeu a conseguir unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente, así como a de defender, no consello da Xunta no que se debata a posible variante de Outes para a mellora das comun icacións de Noia e Muros, os postulados de respecto ó medio natural que, como lle consta é dunha gran riqueza, non só biolóxica, senón tamén paisaxística.
Ó remate do encontro, obsequiaron á consellerira cun dos libros sobre o patrimonio histórico-artístico de Outes.